Cuestionario 4 Flashcards

1
Q

Define o concepto de Extinción de fondo.

A

A extinción de fondo consiste na desaparición das poboacións dunha especie dunha forma máis ou menos lenta e continua ó longo dos tempos xeológicos.
É o tipo de extinción que sofren a maior parte das especies.
Exemplo de extinción catastrófica: a dos dinosaurios

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
2
Q

Que diferenza existe entre unha Extinción catastrófica, unha Extinción escalonada en masa e unha Extinción gradual

A

Extinción catastrófica:
* Acumula un alto índice de baixas nun intervalo de tempo curto
* Afecta ós organismos máis diversos tanto xenética como ecolóxicamente nun fenómeno (evento) de alcance planetario.
Extinción escalonada en masa:
* Prodúcese a través dunha serie de pasos discretos, en intervalos de tempo que poden oscilar entre acontecementos (eventos) case instantáneos (catastróficos) e de curta duración (menos de 100.000 anos).
* Este patrón está constituido por unha secuencia de crises biolóxicas ó longo de varios millóns de anos.
Extinción gradual:
* Unha aceleración da taxa de extinción de fondo producida por cambios do entorno relativamente rápidos.
* Gradiente ecolóxico que afectaría primeiro a organismos ecolóxicamente especializados e máis tarde ós máis versátiles e resistentes.
Principal diferencia: os intervalos de tempo -> de rápido a lento -> catastrófica > en masa > gradual

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
3
Q

Cales son as principais causas da perda de biodiversidade a nivel de procesos físicos. Defíneas brevemente.

A

*Conversión: trátase dos cambios de uso e transformación do medio. Ex: tala indiscriminada de bosques, agricultura intensiva ou expansión de núcleos urbanos.
*Fragmentación: proceso de cambio que implica a aparición de discontinuidades nos hábitats; o que era orixinalmente unha superficie continua, transfórmase nun conxunto de fragmentos desconectados e illados entre sí.
*Simplificación: simplificar hábitats debido á acción humana, o que conleva unha perda de heteroxeneidade.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
4
Q

Explica algún exemplo de causa de perda de biodiversidade baseada en procesos Biolóxicos.

A

Un exemplo serían as especies exóticas invasoras (EEI). Estas son a segunda causa de ameaza e extinción da biodiversidade nativa logo da perda de hábitat. Estas especies invasoras teñen estratexias evolutivas baseadas nunha gran capacidade de adaptación e de competición polos recursos, o que despraza a outras especies danando o seu status ecolóxico.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
5
Q

Verdadeiro ou falso:
A maior parte das investigacións suxiren que as extincións en masa son multicausais e que inclúen sistemas complexos.

A

Verdadeiro

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
6
Q

Verdadeiro ou falso:
Os datos do rexistro fósil mostran que os fenómenos de extinción de especies e de taxóns superiores foron un feito pouco frecuente ao longo dos tempos xeolóxicos.

A

Falso

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
7
Q

Verdadeiro ou falso:
Non existe un único patrón de extinción no mundo do pasado. Ó rexistro xeolóxico permite inferir diversos modelos teóricos de extinción, contrastables con datos empíricos.

A

Verdadeiro

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
8
Q

Verdadeiro ou falso:
A fragmentación case sempre conleva unha redución no tamaño das poboacións.

A

Verdadeiro

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
9
Q

Verdadeiro ou falso:
En relación á fragmentación do hábitat, a corto prazo, en poboacións pequenas é posible observar algúns dos efectos deletéreos da perda de variabilidade, especialmente a depresión por consanguinidade.

A

Verdadeiro

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
10
Q

Verdadeiro ou falso:
A introdución de especies exóticas non afecta á biodiversidade do lugar onde foron introducidas.

A

Falso

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly