Conceptos clave orientación e atención á diversidade Flashcards
Cal é a estrutura do Informe psicopedagóxico?
O informe é o documento que recolle as conclusións do proceso de avaliación psicopedagóxica, e que inclúe:
- Situación evolutiva e educativa do alumno/a
- Concreción das necesidades educativas
- Orientacións curriculares
- Proposta de escolarización
- Determinación das axudas necesarias
- Procedemento para a revisión e/ou actualización do informe
Incorporarase no expediente do alumno un resumo do máis relevante
A família terá dereito a unha cópia do informe
Estrutura do Ditame de escolarización
- Conclusións da avaliación psicopedagóxica
- Orientacións sobre a proposta curricular axeitada ás necesidades do alumno/a e de ser o caso recursos persoais e materiais necesarios
- Proposta razoada de escolarización
- Opinión da familia respecto da medida
Cando se necesita realizar ditame de escolarización
- Solicitude de nova incorporación ao sistema educativo dun neno/a con NEE, e previsión de que vaia necesitar axudas
- Necesidade de solicitar un cambio na modalidade de escolarización
- Solicitude de provisión de recursos específicos concretos de difícil xeneralización
Avaliación psicopedagóxica
Proceso sistemático de recollida, análise e valoración da información relevante do alumnado, do seu contexto escolar e da contorna familiar.
Ten por finalidade identificar as necesidades educativas que poida presentar o alumnado e poder fundamentar as correspondentes propostas e decisións.
Os resultados e conclusións recolleranse nun informe psicopedagóxico
Procedemento de escolarización de alumnado con NEE
- A familia solicita a admisión nun centro á dirección do mesmo.
- Dirección do centro solicita ao DO (ou ao EOE se non estaba escolarizado antes) a avaliación psicopedagóxica e o ditame.
- O DO/EOE realiza a avaliación, e informa á familia dos resultados desta e os servizos educativos da zona.
- Trasládase o Ditame á Inspección, que o eleva á Xefatura Territorial.
- Xefatura Territorial notifica a decisión á Dirección do centro, que informa á familia.
Adaptación Curricular
É unha modificación dun ou máis elementos prescritivos do currículo como son os obxectivos, contidos, competencias, criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe.
O referente serán os obxectivos xerais da etapa.
Precisan autorización de Inspección.
Antes aplicaranse medidas ordinarias.
Deseñaas o profesor da materia coa colaboración e asesoramento do DO.
Duración mínima dun curso, segundo o D 229/2011
Principalmente na ESO, A Orde do 6/10/95 tamén as contempla en educación infantil, bacharelato e formación profesional, aínda que en realidade non se realizan practicamente.
Proceso de elaboración das AC
- Avaliación psicopedagóxica, recollendo datos relevantes da situación sociofamiliar do alumno e do proceso de aprendizaxe.
- Reunión coordinada pola XE entre o profesorado das áreas a adaptar, o PT, a persoa titora e o xefe do DO, na que se decide a pertinencia da AC e os elementos a adaptar.
- Elaboración da AC nas áreas e materias acordadas.
- Elaboración do DIAC.
- Solicitude de autorización a Inspección.
DIAC
Informe que elabora o profesor dunha materia en colaboración co xefe do DO para solicitar unha AC. Incluirá: Datos persoais Datos físicos e de Saúde Datos psicosociais relevantes Datos do contorno sociofamiliar Datos do contorno escolar Datos pedagóxicos: áreas adaptadas, recursos e planificación do seguimiento da AC. Profesionais participantes.
Organización da Orientación
Servizos internos ( departamentos de orientación)
Servizos externos (EOE, CFR, CAFI, CRE)
Que é o Consello Orientador
Ao final de cada curso a persoa titora elaborará un documento para entregar ás familias, no que se incluirá o logro dos obxectivos das ensinanzas e da etapa e o grao de adquisición das competencias, no que se proporá o itinerario máis axeitado para o alumno/a e, no seu caso, a proposta de incorporación a un PMAR ou ciclo de FPB. O consello incluirase no expediente académico.
Mediación
No artigo 26 do Decreto 8/2015 defínese a mediación como unha estratexia de intervención imparcial para a resolución de conflitos, na que unha terceira persoa axuda as partes implicadas a alcanzar un acordo satisfactorio para ambas as dúas.
Programa de mediación
- Constitución do equipo coordinador e/ou mediador.
- Definición de recursos e condicións.
- Deseño básico do programa. Proceso e efectos da mediación.
- Inserción do programa no plan de convivencia.
- Sensibilización e difusión.
- Actuacións formativas.
- Posta en marcha do programa.
- Avaliación do programa.
Compromiso educativo pola convivencia
En todos os casos de conductas contrarias á convivencia, incluso cuando non se chegue a conciliación por non aceptarse as disculpas pola persoa ou persoas perxudicadas, poderá suspenderse a aplicación das medidas correctoras adoptadas se a alumna ou alumno correxida/o ou, no seu caso, a familia, firma un compromiso educativo para a convivencia.
Nun compromiso educativo para a convivencia deberá figurar de forma clara e detallada a que se compromete a alumna/o ou a familia,e ás actuacións de formación para a convivencia, prevención e de modificación de conductas, que se comprometen a levar a cabo, persoalmente ou mediante a intervención de institucións , centros docentes ou persoas adecuadas. Igualmente, deberán constar os mecanismos de comunicación e coordinación co centro.
Principios da atención á diversidade
Normalización Inclusión Equidade Igualdade de oportunidades e non discriminación Flexibilidade e accesibilidade Interculturalidade e promoción da convivencia Autonomía dos centros Participación da Comunidade educativa
Obxectivo do D 229/2011
Regular a atención á diversidade do alumnado, coa finalidade de facilitar o desenvolvemento persoal e social do alumnado e o seu potencial de aprendizaxe, facilitándolles a adquisición das competencias e a consecución dos obxectivos xerais previstos nas ensinanzas LOE